Programan un obradoiro de musicoterapia na Fonsagrada

LugoXa
O vindeiro luns 13 de maio o salón de actos municipal dos Chaos da Fonsagrada acolle un obradoiro de musicoterapia.
22 Abr 2024

O vindeiro luns 13 de maio o salón de actos municipal dos Chaos da Fonsagrada acolle un obradoiro de musicoterapia. A actividade, organizada por ACIS e a Escola Galega de Saúde para cidadáns, realizarse de 16.30 a 20.30 horas

A inscrición é obrigatoria nos Servizos Sociais do Concello ou en escolasaude.sergas.es/Contidos/Cursos-presenciais. Coa proposta preténdese previr e axudar a incrementar ou restablecer a saúde física e mental a través da música e promover o mantemento cognitivo,  social, motriz e emocional. Ademais tamén pretenden conseguir benestar, tranquilidade e sentimentos positivos de autorealización, así mesmo beneficiarse a nivel cognitivo e motor.

0.15205907821655