Programan unha charla no Corgo sobre as novas normas que afectan ás beiras dos ríos
LugoXa
Estas xornadas establécense no marco de colaboración a través de charlas coordinadas coa Federación Veciñal e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil

25 Jun 2024
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) continúa este xoves 27 de xuño coas súas charlas divulgativas para informar sobre as novas normas que afectan ás beiras dos ríos, sobre limpeza e poda de árbores. A cita terá lugar no centro sociocultural do Corgo, á beira do centro médico, a partir das 19.30 horas. Estas xornadas establécense no marco de colaboración a través de charlas coordinadas coa Federación Veciñal e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.