Programan unha manifestación en Pedrafita a favor da reapertura do consultorio de Doiras

LugoXa
Denuncian que seguen co consultorio de Doiras a medio gas, abrindo só dous días á semana e só co servizo de enfermaría,
manifestación_centro_doiras
17 Ago 2024

A comezos do mes de xullo a Consellaría de Sanidade fixo pública a reapertura do consultorio de Doiras, co servizo de enfermería, no mes de agosto. Pasou case medio mes de agosto e denuncian que seguen co consultorio de Doiras a medio gas, abrindo só dous días á semana e só co servizo de enfermaría, “isto non é suficiente, as veciñas e veciños das parroquias afectadas precisan servizo médico tódolos días, precisan que ass súas necesidades sexan cubertas ao completo”, explica Amelia Amigo voceira das veciñas afectadas.

O centro de saúde de Doiras viña prestando asistencia sanitaria de luns a venres entre as 10.00 horas e as 15.00 a un total de 238 persoas. Agora, esta poboación pode ter que desprazarse 18 quilómetros mais dos que xa fai agora. Unha distancia que en tempo se multiplica pola orografía do noso concello, chegando a desprazamentos de arredor de 40 minutos, pois o servizo de enfermaría non é suficiente para atendelos, pois as atencións médicas seguen sen estar cubertas en Doiras.

“Esta situación é especialmente grave se temos en conta que falamos dunha poboación de máis de 65 anos na súa maior parte que non dispón de servizo de transporte público, e en moitos casos tampouco”, denuncia Amelia. Isto supón unha vulneración flagrante dos dereitos fundamentais da veciñanza afectada directamente, que impide o seu acceso á sanidade pública de maneira próxima e afonda na desigualdade, cada vez maior, da poboación dos concellos rurais e especialmente da montaña. Ademais afectará de xeito importante á calidade do servizo prestado no conxunto do concello.

Ademais disto o centro médico de S. Román quedou se atención médica varios días no mes de agosto, así que a veciñanza de Cervantes non tivo atención médica en todo o concello, “esto demostra a atención que dende a Consellaría de Sanidade lle prestan a Cervantes”, engade Amigo. Por iso, rexeitan o peche do consultorio de Doiras e denuncian as mentiras do PP pois o centro só abre con atención de enfermería e só 2 días á semana e demandan á Xunta de que cubra de maneira inmediata a praza de médica que fica vacante no centro de saúde de Doiras.

Ademais, piden que se garanta a continuidade da enfermaría durante toda a semana co obxectivo de que a poboación adscrita a este centro continúe a recibir asistencia con normalidade nel. Para iso fan unha convocatoria de concentración este sábado día 17 de agosto de ás 17.00 horas en Pedrafita do Cebreiro. Esta concentración está convocada pola Asociación cultural xuvenil A Cambela, Anpa CPI Cervantes, Os Xardois, BNG, PSdeG-PSOE, Rente ao Couce, Son de Cores, Casa Quindós, CDR Ancares, Teitos do Piornedo, FADEMUR, Asociación de mulleres rurais Ledicia, A.C. O Teixeiro

0.18613004684448