Prográmase un curso gratuíto de tenis de mesa en Lugo
LugoXa
A Concellería de Xuventudes e Deporte organiza unha nova proposta deportiva gratuíta para a mocidade e as familias durante os meses de marzo, abril e maio.
11 Mar 2024
A Concellería de Xuventudes e Deporte organiza unha nova proposta deportiva gratuíta para a mocidade e as familias durante os meses de marzo, abril e maio. Trátase da actividade de tenis de mesa para os empadroados no municipio de Lugo que se organiza na Casa da Xuventude os venres de 18.00 a 21.00 horas e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas.
É unha formación dunhas 60 horas cun número limitado de prazas a 15 participantes cada xornada. Non se precisa achegar material deportivo para a práctica, só asistir con roupa de deporte. Os menores de idade deben aportar unha autorización asinada polos pais ou titores. Os interesados na actividade, que forma parte do programa +Xti, poden solicitar máis información a través do 982 297 498 ou da web.