Prohibido o paso de vehículos pesados no Alto do Poio

LugoXa
A neve das últimas horas obrigou á DGT a pechar a zona a camións e vehículos articulados. Tramo afectado e restricións, aquí
22 Xan 2021

A neve que caeu durante a noite obrigou á Dirección Xeral de Tráfico a prohibir o tránsito de camións e vehículos articulados na estrada LU-633, no Alto do Poio, no concello de Pedrafita do Cebreiro.

Dende algo antes das 7 desta mañá quedaba pechado o paso a vehículos pesados entre os quilómetros 0 e 32 desta vía de titularidade autonómica.

0.19283699989319