Promocionan os viños da IXP Terras do Navia cun coloquio en Lugo

LugoXa
A FRUGA-AGV e a área de Medio Rural da Deputación de Lugo veñen colaborando dende o 2023 para a promoción e divulgacións dos viños da IXP Terras do Navia.
8 May 2024

A FRUGA-AGV e a área de Medio Rural da Deputación de Lugo veñen colaborando dende o 2023 para a promoción e divulgacións dos viños da IXP Terras do Navia. Dentro deste convenio, nos meses de maio e xullo celebrarase unha serie de eventos promocionais desta IXP, que se oficializou en febreiro de 2023, baixo a campaña Vivir o viño, vivir do viño.

O primeiro deses eventos será o vindeiro venres 10 de maio, na sala de exposición da Deputación de Lugo, que consistirá nunha charla-coloquio aberta e contará coa presenza de Isabel Lozano, de EnVinissi; Maira Ratón, técnica en elaboración de viños, e Francisco Sanromán, da Adega Sidrón, de Negueira de Muñiz. Ao rematar, haberá unha degustación dos viños da IXP.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18254899978638