Promoven diversas actividades como parte da programación de Nadal 2024-2025 en Lugo

O Concello de Lugo, a través da área de Cultura, promove diversas actividades como parte da programación de Nadal 2024-2025. Así, o 21 de decembro terá lugar a Benvida ao apalpador no Mercado municipal a partir das 17.00 horas.
Ademais, terá lugar o III Medrando no Nadal, un festival de actividades para a infancia que acollerá diversos espectáculos de teatro, narración e música os días 26, 27, 28 e 29 de decembro no Auditorio Municipal Gustavo Freire entre as 17.00 e as 18.30 horas.
Xa en xaneiro, o día 3 celebrarase o Concerto de aninovo ‘80´s Remember’ pola Banda Filharmónica ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Pola súa banda, o 5 de xaneiro será a Cabalgata de reis con saída ás 18.00 horas desde o Parque da Milagrosa e con chegada á Casa do Concello ás 19.30 horas.
Con todo, tamén haberá varios concertos na Praza de Abastos executados por Claustro Música e diversas actividades relacionadas co xadrez, da man do colectivo Xaquedrum.