Promoven un concerto benéfico en Lugo a favor de Capaces

A asociación Capaces Lugo organiza un concerto benéfico co obxectivo de recadar fondos e dar visibilidade ao seu labor social. O evento contará coa participación da Tuna de Agrícolas de Madrid e da Asociación de Antigos Tunos de Lugo, que actuarán nunha cita solidaria aberta ao público.
O concerto celebrarase o venres 27 ás 20:00 horas no Salón de Actos da Xunta de Galicia en Lugo, e conta coa colaboración da Xunta de Galicia como parte das actividades de sensibilización e apoio impulsadas pola entidade.
Capaces Lugo é unha entidade sen ánimo de lucro creada para apoiar ás persoas con trastornos do espectro autista (TEA) e trastornos da comunicación, así como ás súas familias. Desde a asociación trabállase para desmitificar o autismo, ofrecendo unha visión máis realista e positiva desta condición.