Proxectan a construción dun novo canil no Parque dos Paxariños

O Goberno local de Lugo presentou á Xunta de Galicia unha proposta para a construción dun novo canil no Parque dos Paxariños.
O concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, reuniuse coa directora xeral de Patrimonio Natural para presentar unha parcela municipal na zona do Parque dos Paxariños como ubicación para esta dotación, comprometida polo Executivo autonómico.
A parcela, cunha superficie que oscila entre os 3.000 e os 5.000 metros cadrados, cumpre cos requisitos do Goberno autonómico e é considerada unha ubicación idónea tanto pola súa localización como pola alta poboación de mascotas na zona, segundo sinalou o concelleiro de Transición Ecolóxica.
Miguel Fernández, acompañado do xefe de Servizo de Medio Ambiente, Miguel Negral, detallou que a parcela proposta ten as condicións necesarias para albergar esta infraestrutura, que se presenta como unha necesidade moi demandada pola cidadanía.
“Con esta dotación ampliamos este servizo para toda a cidade, que xa conta con catro canís en diferentes puntos: no carril das Estantigas, no centro histórico, ao lado da carballeira de Fingoi, en Serra de Ancares e no parque de Frigsa”, afirmou Fernández.
Unha vez presentada a proposta, o Concello de Lugo atópase a espera de que os técnicos da Xunta estuden a localización plantexada.
Para o concelleiro, é fundamental que a Xunta cumpra co seu compromiso sen demora, xa que “Lugo é unha das cidades galegas con maior número de cans” e necesita ampliar as súas infraestruturas para dar resposta a esta crecenta demanda.