Proxéctase 'O movimento das coisas' de Manuela Serra en Lugo
O Club Cultural Valle-Inclán continúa coas Sesións de Filmoteca do 2024 coa proxección do documental O movimento das coisas de Manuela Serra este mércores. A peza presenta un día de traballo nunha aldea do norte de con historias de acenos saboreados en palabras mineralóxicas.
Unha familia de dez fillos nunha granxa somérxese na inmensidade do tempo. O pai corta unha árbore. Máis aló, a auga dun río habitado por xente. Unha barca, o sol, a praza da vila, a ponte en construción, a veranda, a comida, a densidade e o misticismo do domingo, a misa e a feira. Nese lugar, Isabel móvese coa ollada posta no futuro. Para os demais, o sentido da vida é só vivir. E o tempo corre entre o amencer e a tardiña.
A obra proxectarase no salón de actos da Casa do Saber a partir das 19.30 horas como parte do ciclo posto en marcha co convenio de colaboración Xunta de Galicia e FECIGA (Federación de Cineclubes de Galicia). A entrada é libre e de balde para socios do club e para a comunidade universitaria. O resto do público ten que asumir unha cota de 2 euros.