'Unha canta, a outra non' pon fin ao ciclo Marzo de Muller con Agnès Varda en Lugo

LugoXa
Este luns 18 de marzo proxectarase no salón de actos do Vello Cárcere Unha canta, a outra non como parte do ciclo Marzo de Muller con Agnès Varda.
17 Mar 2024

Este luns 18 de marzo proxectarase no salón de actos do Vello Cárcere Unha canta, a outra non como parte do ciclo Marzo de Muller con Agnès Varda. A proxección, organizada polo Club Cultural Valle-Inclán, comezará ás 19.30 horas e a entrada é de balde ata completar aforo. Con este drama do 1977 ponse punto e final ao ciclo impulsado polo colectivo.

A trama presenta as vidas de dúas mulleres na Francia de 1970, co movemento feminista no que participou Varda como pano de fondo. Pomme e Suzanne coñécense cando Pomme axuda a Suzanne a abortar despois dun terceiro embarazo que non pode custear. Perderán o contacto, pero volverán atoparse dez anos despois. Pomme é cantante e Suzanne traballadora comunitaria. A pesar das súas diferenzas, seguirán sendo amigas, compartindo varios conflitos e afirmando as súas identidades femininas.

0.11013317108154