Proxecto GAMA, unha oportunidade da que Lugo non pode prescindir

LugoXa
Impulsado por Altri, a través de Greenfiber, terá un impacto positivo no emprego, na demografía, no PIB e en sectores clave en Galicia como o forestal ou o téxtil
produción-fibras-téxtiles-sostibles
3 Nov 2025

É un feito que o progreso dos territorios está ligado en boa medida ao seu desenvolvemento industrial e á atracción de inversións que permitan xerar emprego e riqueza no seu contorno. E é un feito tamén que o noso modo de vida require dunha actividade industrial que nos proporcione os artigos que necesitamos no noso día a día do século XXI, como medios de transporte, informática, telefonía, artigos de papel, prendas de roupa e outros produtos de base téxtil, etc.

Tamén é certo que existen distintos modelos de produción no mundo. Hai territorios con normativas laxas, que permiten grandes producións a baixo custo e con menores garantías laborais, sociais e ambientais, e outros, dos cales Europa é o máximo referente, que priman a sostibilidade, o respecto aos dereitos laborais, ao contorno social e ao medio ambiente, para o que desenvolveron esixentes normativas e controis rigorosos, que se converteron en selo de calidade industrial no mercado internacional.

E é neste último contexto no que nace o proxecto GAMA, impulsado por Altri a través de Greenfiber, co obxectivo de crear en Palas de Rei unha planta de produción de fibras téxtiles sostibles, con tecnoloxía de última xeración, que achegará valor engadido a un recurso natural tan importante como é a madeira que se produce na comunidade. Esta iniciativa situará Galicia e a provincia de Lugo á vangarda dunha nova industria baseada na sostibilidade, a innovación e a mellora continua.

Compromiso coa contorna

Como non podía ser doutra maneira, este proxecto de Altri enmárcase na filosofía do grupo de compromiso co contorno, tanto a nivel ambiental, como social e económico. Neste sentido, cabe destacar, en primeiro lugar, a importante xeración de emprego, non só na propia fábrica, senón tamén a dinamización do mercado laboral do seu contorno. Así, a empresa creará 500 postos de traballo directos, necesarios para operar unha planta das características de GAMA, e estima que a súa actividade xerará outros 2.000 indirectos, en sectores como transporte, hostalería, comercio, mecánica, servizos auxiliares, etc.

Para dotarse dos mellores profesionais, a compañía deseñou un plan de formación integral que contempla non só acordos de colaboración con centros educativos de Formación Profesional e universidades, senón tamén programas de formación a medida para persoal sen titulación previa. Olga López Arias, directora de Recursos Humanos de Altri en España, sinalou que “o noso proxecto en Galicia é de longo percorrido e de compromiso coa sociedade desta comunidade. E a formación e o emprego de calidade están nos primeiros postos das nosas prioridades. O noso proxecto requirirá perfís moi variados e queremos que se converta nunha oportunidade laboral para os mozos galegos, con prioridade para os residentes na contorna”.

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, confía en que esta xeración de emprego sirva para paliar o problema demográfico que sofre o seu concello, ao igual que o resto da Galicia interior: “Estamos a vivir un proceso de envellecemento da poboación e necesitamos proxectos industriais como este, que leven aparellada a creación de emprego de calidade e que contribúan a fixar poboación nova en Palas”. Para avalar esta idea, Luís Pereira, o seu homólogo portugués en Vila Velha de Ródão, onde Altri conta cunha outra fábrica, puxo de relevo o cambio demográfico experimentado na súa localidade nos últimos anos: “En 2013 tiñamos 160 alumnos na agrupación de escolas do pobo. Agora son máis de 320. E triplicamos as prazas de gardería, cunha actividade fabril que hoxe en día non xera molestias á poboación e convive en harmonía e colaboración con outros sectores produtivos da zona, como o agrogandeiro, o de produción de alimentos de calidade ou o turismo rural”.

Ao impacto sobre o emprego e a demografía local, cómpre engadir a xeración de riqueza na comunidade galega que, segundo o informe elaborado pola consultora Valora, alcanzaría os 7.522 millóns de euros nos 22 primeiros anos de operación da fábrica, cun impacto medio anual en Galicia no entorno dos 340 millóns de euros.

Sector forestal

Por outra banda, Altri conta cunha ampla experiencia en materia de xestión forestal e investigación neste campo. Unha experiencia que trasladaría ao proxecto GAMA para contribuír á posta en valor do monte galego. Así o subliña Miguel Silveira: “Queremos achegar o noso know how, xa que contamos cun equipo de preto de cen persoas que vén desenvolvendo un intenso traballo de I+D polo que somos recoñecidos mundialmente, co foco posto na mellora xenética e no control de pragas”. Ademais, GAMA abastecerase exclusivamente de madeira procedente de bosques certificados, o que leva aparellada unha adecuada xestión dos mesmos, e desenvolverá, igual que en Portugal, unha importante labor en materia de formación e prevención de riscos no sector forestal.

Ecosistema téxtil

Por outra banda, a produción de fibras téxtiles en Palas de Rei contribuirá, sen dúbida, a reforzar o ecosistema xa existente do sector téxtil, permitindo pechar o ciclo de produción en proximidade, desde a fibra ata a prenda. Ademais de abrir unha porta ao reciclaxe efectivo de fibras na comunidade, contemplado na segunda fase do proxecto GAMA, unha vez consolidada a base industrial que o faría posible. Todo iso coas metas da sostibilidade e da redución de residuos como obxectivos irrenunciables. Así o manifesta Carlos Van Zeller, director xeral de Operacións e membro do Consello de Administración de Altri: “Levamos desde 2014 investigando nun proceso de produción de fibras téxtiles sostible a todos os niveis. E aquí, en Galicia, é posible. Temos a materia prima e a tecnoloxía, e dous sectores estratéxicos, o téxtil e o forestal, aos que aportar valor engadido”.

Principais beneficios de Altri

  • Emprego: 500 postos directos e 2.000 indirectos
  • Achega ao PIB de Galicia: 340 millóns de euros/ano (media)
  • Formación: Acordos con centros de FP e universidades, e plans de formación a medida
  • Demografía: Oportunidades laborais para fixar poboación nova no rural
  • Sector forestal: I+D, mellora xenética, xestión dos bosques, control de pragas, seguridade, formación
  • Sector téxtil: Dinamización do ecosistema téxtil, xeración de sinerxías
  • Filosofía de empresa: sostibilidade e compromiso coa contorna
⚙ Configurar cookies
0.11732888221741