Proxectouse en Friol o documental sobre as primeiras Olimpiadas Rurais de Galicia
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, asistiu á proxección das primeiras Olimpíadas Rurais de Galicia, un documental que narra a historia desta proba deportiva pioneira, celebrada no Concello de Friol.
A directora xeral, que estivo acompañada polo alcalde da localidade, José Ángel Santos, puxo de relevo esta iniciativa e destacouna como un “bo exemplo” de dinamización social, económica e cultural nas contornas rurais da nosa comunidade. De seguido, Rodríguez salientou que se trata dunha idea importante para “preservar as tradicións galegas e xerar actividades atractivas no rural”.
Ademais, agradeceu a implicación do Concello á hora de promover esta celebración; así como a do propio promotor do evento, o Colectivo Hércules, unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta e organiza actividades relacionadas coa práctica deportiva.