Publicadas as listas das axudas para libros de texto e material escolar

LugoXa
A concellería de educación abre o prazo de presentación de documentación ás familias excluídas até o 30 de xullo.
material escolar
19 Xul 2021

Xa están publicadas as listaxes das axudas para a compra de libros de texto e material escolar para familias con baixos recursos.

A concellería de Educación tramitou un total de 565 solicitudes, que optarán a un dos 400 cheques de 100 euros, ata completar un total de 40.000 euros adicados a estas axudas. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar quedando este ano establecido o tope no 80% do IPREM.

As listas poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello, no 010 e na web municipal, e as persoas que resultaran excluídas por falta de documentación terán de prazo até o 30 de xullo para achegala, antes de elaborar as listas definitivas.

0.11995315551758