Publicadas as listaxes para as escolas infantís municipais de Lugo

LugoXa
As listaxes provisionais de adxudicación de praza para as escolas infantís municipais de Lugo xa se poden consultar no Concello e nas escolas
Escolas infantis lugo
18 Maio 2022

O Concello de Lugo fixo públicas no día de hoxe as listaxes provisionais de adxudicación de praza nas escolas infantís xestionadas polo Concello de Lugo.

Así o informou o edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, quen explicou que o Goberno local segue “avanzando no procedemento de adxudicación das prazas nas Escolas, publicando a adxundicación provisional e abrindo o prazo de alegacións”.

O período de alegacións estará aberto ata o 2 de xuño, e o procedemento continuará a partir desa data coa publicación definitiva das listaxes e a apertura do período de matrícula. As listas poden consultarse nos taboleiros de anuncios das distintas escolas e do Concello de Lugo, ademais de nas oficinas da Concellería de Educación.

A rede de escolas infantís municipais está formada por catro escolas distribuidas por toda a cidade. Neste ano, como novidade, aplícase a gratuidade da atención de todas as crianzas, sen importar se teñen ou non irmáns/ás. "Agardamos que no próximo curso poidamos retomar a normalidade sanitaria, co que se recuperarán os horarios e as actividades previos á pandemia", afirmou Felipe Rivas.

0.11345911026001