Publican as listas provisionais de prazas en escolas infantís municipais para o próximo curso

LugoXa
O Concello abre o prazo de alegacións ata o 4 de xuño antes de iniciar a matrícula definitiva
Centro-de-Educación-Infantil-Fingoi-2-lugo
26 May 2025

A concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento de Lugo, Iria Buide, anunciou que xa están publicadas as listaxes provisionais de adxudicación de prazas nas escolas infantís xestionadas Concello de Lugo para novos alumnos das escolas.

Buide afirmou que a Concellería de Educación traballa "neste procedemento de adxudicación das prazas nas Escolas, publicando a adxudicación provisional e abrindo o prazo de alegacións".

O período de alegacións estará aberto ata o 4 de xuño, e o procedemento continuará a partir desa data coa publicación definitiva das listaxes e a apertura do período de matrícula.

As listas poden consultarse nos taboleiros de anuncios das distintas escolas e do Concello de Lugo, ademais de nas oficinas da Concellería de Educación.

A formalización da matrícula terá lugar na escola onde a nena ou o neno foi admitida ou admitido, no prazo establecido na resolución definitiva.

No caso de producirse renuncias de prazas, as prazas vacantes nas escolas ocuparanse coas solicitantes que figuren na lista de agarda única para as catro escolas, elaborada por idades e sempre de acordo coa puntuación obtida no procedemento.

⚙ Configurar cookies
0.19355893135071