'Pulgarcita' representarase en Lugo o 29 de xuño

LugoXa
Unha obra que invita aos máis cativos a reflectir sobre o coidado do medio ambiente
representacion-de-pulgarcita-en-lugo
Un momento da obra de teatro
16 Xuño 2024

A versión máis actualizada de Pulgarcita está a piques de chegar a Lugo.

Será o vindeiro 29 de xuño ás 12:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo cando poderá verse esta obra dirixida aos máis pequenos da casa.

Unha obra dirixida por Darío Autrán e protagonizada por Uxía Suevos e Nano Rivas que invita aos mais cativos a reflectir sobre o coidado do medio ambiente a través das aventuras da mítica personaxe na súa versión máis actual.

0.13413310050964