Púxose en valor a figura de Tino Grandío no Museo Provincial de Lugo

Foi inaugurada a xornada 'Tino Grandío nos 100 anos do seu nacemento', organizada polo Consello da Cultura Galega, dentro do ciclo 'Revisando a nosa arte' para recoñecer a traxectoria do pintor lucense e aproximarse a algunhas facetas esenciais da súa personalidade e da súa obra.
A xornada abriuse cunha visita á Sala Tino Grandío do Museo Provincial de Lugo, guiada pola súa directora Aurelia Balseiro, que se desenvolveu no Centro de Artesanía e Deseño, con relatorios de Miguel Fernández-Cid, Carlos López Bernárdez, Manuel Quintana Martelo e Lucila Yáñez Anllo Vergas, coordinadora das ponencias e membro da Sección de Creación e Artes Visuiais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega.
A deputada Iria Castro valorou a iniciativa do Consello da Cultura Galega, que celebra a obra de Tino Grandío en Lugo, "onde tratamos de contribuír á conservación e divulgación do seu legado artístico, facendo xustiza a súa traxectoria e á xenoridade que a súa familia e persoas achegadas amosaron con Museo Provincial de Lugo, cedendo boa parte das obras que se expoñen no Museo”.
O Museo Provincial de Lugo conta cunha trintena de obras de Tino Grandío (Guntín, 1924- Lugo, 1977), froito de cesións e doazóns de benfeitores do Museo e de familiares do pintor. En outubro de 2023 inaugurou un espazo monográfico que reúne unha escolma destes fondos, 16 obras representativas das diferentes etapas creativas, e que é un lugar de referencia para contemplar, admirar, estudar e valorar a arte dun artista universal.