Que comece xa
Por Adrián Fernández.
Aínda que faltan dous ou tres xogadores para completalo equipo xa está todo listo para que comece a próxima tempada e a alta porcentaxe de renovacións de abonos nos primeiros días, demostra a ilusión e as ganas que todos temos de que iso sexa así.
O plantel vai collendo forma coa chegada de dous novos xogadores. O primeiro é Toni Nakic, un catro de 2,01 metros e 23 anos que procede da Cibona de Zagreb; internacional con Croacia nas categorías inferiores, destaca polo seu tiro de tres puntos e poder xogar tamén no posto de aleiro. O segundo é Ethan Happ, pivote estadounidense de 26 anos e 2,08 metros de altura procedente do Ludwigsburg alemán, co que chegou á final four da BCL o año pasado. Happ, formado na universidade de Wisconsin coa que foi nomeado mellor pivote da liga, é un xogador con capacidade anotadora é reboteadora que ven para ser unha das referencias do equipo é cumplila difícil tarefa de sustituir a Mahalbasic. Semella tamén estar preto de firmar Víctor Arteaga para completalo xogo interior, pero todavía non hai nada cerrado.
Mentres traballan en rematalo plantel, xa se fixo oficial a data do comezo da pretempada; esta será o 12 de agosto e o primeiro encontro disputarase o 28 de agosto en Foz fronte ao Porto portugués, dous ou tres amigables máis por confirmar, a Copa Galicia, (que se xogará no Paco Paz de Ourense entre o 15 e o 17 de setembro, na que o Breogán medirase ao COB en semifinais) e a previa da Champions entre (entre o 21 e o 25 de setembro), será total de encontros de preparación que ten previsto a entidade lucense. Aínda esta por confirmar a sede desta previa, pero si sabemos que o Breogán terá que gañar tres partidos para clasificarse, en cuartos enfrontarase ao FMP serbio, se gaña tocaralle contra o Opava checo e nunha hipotética final contra o Bakken Bears danés, se non hai algunha sorpresa.
Por último, comentar que xa comezou a campaña de aboados cunha pequena subida nos prezos pero que incluirían os encontros da champions de acadala praza, campaña que está a ter unha boa resposta por parte da afección na que neste ano como novidades temos a posibilidade de fraccionar o pago e a de facerse socio do Ensino por 20 euros máis. A campaña ten tres fases: a primeira do 13 de xullo ao 4 de setembro para renovación e novas altas más localidades libres, a segunda do 6 ao 11 de setembro para facer modificacións nas localidades e a terceira a partir do 13 de setembro unha segunda oportunidade para novas altas nas localidades restantes.