Queda constituida con dirección luguesa a confederación de asociacións veciñais galegas

LugoXa
A Federación de Veciños Lucus Augusti oficializou a constitución da Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro, CoGaVe.
cogave recibidos pola deputacion
24 Apr 2021

A Federación de Asociacións de Veciños Lucus Augusti da provincia de Lugo oficializou na suá asemblea xeral ordinaria a constitución da nova Xunta Directiva da Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro, CoGaVe, formada por Federacións de Asociacións de Veciños de toda Galicia.

A Federación de Asociacións de Veciños Lucus Augusti da provincia de Lugo asume a dirección do movemento veciñal de Galicia; e a provincia de Lugo asumirá os cargos da Presidencia, Secretaría, Tesourería e Vocería, dos que aínda non se coñece o titular

No transcurso de dita Asamblea Xeral, ademáis da toma de posesión da nova xunta directiva, debatiranse e trataranse outros temas de actualidade, tales como o IVE do recibo da luz, okupas, sanitarios, cobertura telefonía móbil, etc.

Posteriormente realizouse unha rolda de visitas ás diferentes Institucións con sede na cidade de Lugo, como o Concello de Lugo, onde foron recibidos pola alcaldesa Lara Méndez López; e coa subdelegada do Goberno,  María Isabel Rodríguez López.

Tamén foron recibidos polo presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Tomé Roca, coa presenza de deputados provinciais de Lugo do equipo de Goberno.

Finalmente, remataron cunha visita ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, co delegado da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, Javier Arias Fouz.

"A partir da xornada de hoxe, Lugo e a nosa provincia pasan a ser a sede do movemento veciñal de toda Galicia; e xa o é, tamén, desde hai 1 ano, do rural galego, coa plataforma Galicia Baleira, que vén de celebrar o seu primeiro aniversario na loita pola defensa deste ámbito tan importante na nosa comunidade autónoma", explican.

0.16132211685181