Queixas na Milagrosa pola baixa calidade lumínica nunha rúa
LugoXa
A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa de Lugo está a recibir múltiples queixas da "insuficiente iluminación" da rúa Milagrosa, concretamente do tramo que vai desde a praza da Milagrosa cara ao Camiño de Pipín.
11 Oct 2023

Segundo indican, os problemas xerais, son que a iluminación desta rúa é só dun lado, cunha luz pouco intensa e insuficiente, que provoca intranquilidade aos veciños da zona, polo que piden a renovación da iluminación, intensificándoa e cambiándoa por unha máis moderna, menos contaminante e máis barata.