Queixas pola supresión de paradas de bus urbano no Carqueixo
A Federación de Asociacións de Veciños Lucus Augusti da provincia de Lugo reuniuse con máis dunha trintena de veciños do Carqueixo para abordar o problema co que se viron afectados: a supresión de dúas paradas, unha de ida e outra de volta, de autobús urbano. Tanto os veciños coma a federación lamentan a situación, tomada de forma unilateral pola Concellería de Mobilidade do Concello de Lugo, xa que "obriga aos veciños desta zona a desprazarse unha distancia considerable e a poñer en risco a súa integridade física, xa que teñen que cruzar a rotonda de acceso ao HULA, que sofre un intenso volume de tráfico, cunha media de 1 coche cada 2-3 segundos, 2 carrís de circulación e ningún paso de peóns.
Según a Federación Lucus Augusti, as paradas de autobús urbano de Lugo que o BNG quere eliminar están situadas trala gasolineira do barrio do Carqueixo, lugar onde estiveron situadas tradicionalmente e de forma initerrumpida dende hai moitos anos. Na actualidade, toman o bus urbano nas paradas anteriormente mencionadas os veciños das parroquias de Barbaín, Bóveda e do barrio do Carqueixo.
Así mesmo, tamén destacan que "moitos destes usuarios, son persoas de idade avanzada, así como persoas de mobilidade reducida ou outras minusvalías, ademais de numerosos mozos que acoden á realización de actividades de ámbito educativo".
Por esta razón, dende a Federación de Asociaciones de Vecinos Lucus Augusti da provincia de Lugo apoian aos veciños afectados e instan á Concellería de Mobilidade do Concello de Lugo a que dean as explicacións pertinentes, así como a que reverta a súa decisión.