Queizán, no Corgo, prepárase para celebrar as súas festas

Queizán, no municipio do Corgo, celebra un ano máis as súas festas neste mes de agosto, concretamente os días 9 e 10. A cita na honra a Santa María comezará o vindeiro sábado a partir das 23.00 horas coa actuación de Arcoiris e Adolfo Valiño, formacións que amenizarán a verbena para o desfrute de veciños e asistentes.
O programa continúa o domingo 10 ao mediodía. A partir das 13.30 horas terá lugar a misa solemne e procesión, seguida da sesión vermú a cargo de Alexander. Pola tarde, ás 17.00 horas, poderán gozar de xogos populares e competicións variadas. A música volverá ser protagonista pola noite coa verbena, que dará comezo ás 23.00 horas, da man de Os Trasnos. A romaría conta coa colaboración do Concello do Corgo e da Xunta de Galicia.