Queremos Galego reuniuse en Lugo
A plataforma Queremos Galego en Lugo organizou unha reunión que contou coa participación de cargos políticos dos gobernos de distintas institucións, representantes de diversas entidades, voceiros de asociacións e persoas a título individual.
Tamén asistiron docentes responsables da dinamización lingüística nos centros escolares, que desempeñan un papel fundamental na transmisión dos valores da lingua ás novas xeracións.
Queremos Galego levará a cabo numerosos eventos relacionados coa lingua, co obxectivo de visibilizar a súa importancia e animar a toda a cidadanía a usar a lingua propia deste país.
Queremos Galego é unha plataforma cidadá formada por entidades de distintos ámbitos e persoas a título individual. Naceu co propósito de artellar unha resposta colectiva en defensa da lingua propia do noso pobo, o galego. O seu labor céntrase en protexer e reivindicar os usos públicos da lingua e os dereitos lingüísticos garantidos pola lexislación vixente, ademais de promover a súa normalización naqueles ámbitos onde a súa presenza aínda non é a desexada.