Rábade acolle a presentación de 'Pequena vida salvaxe', o primeiro libro de poesía de Roberto X. Hermida

LugoXa | TerraChaXa
A obra foi galardoada co XXXVII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé
presentacion-pequena-vida-salvaxe-casa-das-insuas
10 Dec 2025

O Auditorio da Casa das Insuas acollerá este venres 12 de decembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro Pequena vida salvaxe, do escritor Roberto X. Hermida. O acto está organizado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio e a Casa das Insuas, e conta coa colaboración do Concello de Rábade.

Pequena vida salvaxe, galardoado co XXXVII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, é o primeiro poemario do autor e preséntase como unha viaxe íntima, sensorial e profundamente respectuosa pola natureza máis próxima. Ao longo das súas páxinas, o lector pode descubrir libélulas voando ao luscofusco, anduriñas debuxando trazos sobre as agras, morcegos pendurados na quietude e mesmo as discretas barbantesas agochadas entre a herba. A obra convida a mirar con máis calma, a afinar o oído e a recuperar o vínculo coa vida pequena pero extraordinaria que nos rodea.

A presentación deste venres converterase así nun encontro literario e ambiental que pretende achegar ao público a sensibilidade poética de Hermida e a súa visión dunha natureza viva, próxima e merecedora de atención. O evento está aberto ao público ata completar aforo.

⚙ Configurar cookies
0.07787299156189