Rábade acolle un obradoiro que une arte e ciencia para explorar os segredos do solo

LugoXa | TerraChaXa
Será o sábado na Casa das Insuas en horario de mañá
taller-solo-casa-das-insuas
31 Dec 2024

O vindeiro sábado 4 de xaneiro, a Casa das Insuas, en Rábade, será o escenario dun obradoiro creativo que promete ser unha experiencia única para toda a familia. Baixo o título Arte e Ciencia do Solo, este evento combina a ciencia e a creatividade para descubrir os segredos que a terra agocha baixo os nosos pés.

O obradoiro estará dirixido por Charo Basanta, edafóloga, e Mariana Roura, ilustradora, quen guiarán aos participantes na exploración dun perfil de solo in situ. Ademais de aprender a identificar os horizontes do solo e comprender a súa importancia na natureza, os asistentes poderán transformar pigmentos naturais da terra en pinturas exclusivas para crear obras de arte.

Dirixido a familias con nenos e nenas, o evento busca fomentar o coñecemento, a creatividade e o vínculo co contorno natural. A xornada desenvolverase de 10:00 a 13:30 e ten unha achega voluntaria como custo de inscrición.

O obradoiro terá lugar de 10:00 a 13:30 e as inscricións faranse no correo casadasinsuas@gmail.com. O prezo é unha achega voluntaria.

0.16400289535522