Rábade acollerá o 23 de agosto a primeira concentración moteira Rábade Biker’s

Rábade celebrará o vindeiro 23 de agosto a primeira concentración moteira Rábade Biker’s, organizada polo club do mesmo nome.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou durante a presentación “o poder de convocatoria que teñen este tipo de eventos, que contribúen á dinamización social e económica da localidade”
O programa inclúe unha ruta turística libre polo municipio, pinchos gratuítos, sesión vermú, xogos populares, cea, sorteo de agasallos e unha verbena amenizada polo DJ Min. A actuación principal será o espectáculo de acrobacias a cargo de Balles & Pichu Stunt, previsto para as sete da tarde. O evento contará tamén cunha zona de acampada para os participantes.
As inscricións anticipadas estarán abertas ata o 16 de agosto, aínda que tamén será posible anotarse o mesmo día da concentración na Praza de España a partir das 10:00 horas, unha hora antes do inicio. O xustificante da inscrición ou as solicitudes de información poden remitirse a través do teléfono 635 540 350.