Rábade acollerá o 28 de marzo as VIII Cegas, previas ao Máster de futbolín

LugoXa | TerraChaXa
O torneo comezará ás 17.00 horas e contará cun sistema de premios para os mellores clasificados
cegas-master-de-futbolin-rabade
21 Mar 2026

O pavillón municipal Eduardo Villamarín de Rábade será o escenario o vindeiro 28 de marzo dunha nova edición do Pre Máster Rábade de futbolín, que nesta ocasión celebrará as VIII Cegas, unha competición que reunirá a afeccionados e xogadores deste popular xogo e servirá de preparación para o gran Máster, que se celebrará durante a Semana Santa.

O torneo comezará ás 17.00 horas e contará cun sistema de premios para os mellores clasificados. A parella campioa recibirá 200 euros e trofeo, mentres que os subcampións levarán 120 euros e trofeo. O terceiro e o cuarto posto obterán 50 euros e medalla cada un.

Ademais da competición deportiva, a organización tamén realizará dous sorteos entre os participantes. No primeiro deles sortearase a inscrición para o torneo, mentres que no segundo o premio será unha sudadeira.

A inscrición terá un custo de 10 euros por xogador e as persoas interesadas poderán obter máis información ou formalizar a súa participación a través do teléfono facilitado pola organización. O evento está impulsado polo Bola Meiga, que continúa promovendo actividades arredor deste xogo tradicional.

 

0.1234290599823