Rábade acollerá o día 26 unha xuntanza de xubilados e pensionistas
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade celebra o domingo 26 de maio unha xuntanza de xubilados, xubiladas e pensionistas.
10 May 2024
O Concello de Rábade celebra o domingo 26 de maio unha xuntanza de xubilados, xubiladas e pensionistas.
O Goberno local abre o prazo para retirar as tarxetas para esta xuntanza, que vai ter lugar ás 14.00 horas no Restaurante Asador Coto Real.
O prazo para retiralas está aberto ata o 22 de maio.
O prezo é de 8 euros para persoas xubiladas ou pensionistas empadroados e de 40 para acompañantes e persoas xubiladas ou pensionistas non empadroados.