Rábade acollerá un curso de cestería con cortiza de vimbio impartido por Idoia Cuesta

LugoXa | TerraChaXa
Para obter máis información, as persoas interesadas poden contactar coa organización a través do correo electrónico da Casa das Insuas
curso-cesteria-idoia-cuesta
1 Apr 2026

A Casa das Insuas, en Rábade, será o escenario os vindeiros 7 e 8 de abril dun curso de cestería con cortiza de vimbio que estará dirixido pola artesá Idoia Cuesta. A actividade desenvolverase en horario de tarde, entre as 16.00 e as 19.00 horas, e ofrecerá ás persoas participantes a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades nesta técnica artesanal.

Ao longo das dúas xornadas, o alumnado aprenderá diferentes procedementos de traballo con cortiza de vimbio, combinando formación práctica e creatividade. Ademais, cada participante poderá levar para a casa as pezas elaboradas durante o curso.

O prezo da actividade é de 65 euros para o público xeral, cunha tarifa reducida de 60 euros para persoas socias da AGCT e para aquelas empadroadas no municipio de Rábade. As prazas son limitadas, polo que desde a organización recomendan realizar a inscrición con antelación a través do formulario habilitado para este fin.

Para obter máis información, as persoas interesadas poden contactar coa organización a través do correo electrónico da Casa das Insuas.

0.12348604202271