Rábade aproba axudas para a hostalaría e o pequeno comercio

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade aprobou destinará 30.000 euros para axudas ao sector da hostalaría, distribución de bebidas e pequeno comercio.
hostalaria
21 Abr 2021

O Concello de Rábade aprobou no pleno de onte destinar unha partida de 30.000 euros para establecer axudas ao sector da hostalaría, distribución de bebidas e pequeno comercio. A iniciativa, que partiu do goberno local foi aprobada pola unanimidade do pleno e sufragarase con fondos propios.

Segundo explican, haberá dúas convocatorias, dotadas con 15.000 euros cada unha. Unha estará dedicada á hostalaría e á restauración, así como tamén a todas aquelas empresas que se dedican á distribución de bebidas. Os beneficiarios nesta modalidade poderán recibir un total de 1.000 euros a fondo perdido.

A outra liña de axudas estará destinada tanto a hostaleiros como a comerciantes do municipio. Os beneficiarios poderán recibir 500 euros para a adquisición de material de protección anti-covid, así como a axustar os espazos nos que desenvolven a súa actividade ás
medidas de prevención.

Non entrará neste grupo, os comerciantes de alimentación, xa que se entenden que eles non sufriron tanto as consecuencias da pandemia.

Para solicitar as axudas esixirase que as empresas teñan o domicilio fiscal no termo municipal e estar de alta antes do 14 de marzo de 2020.

En canto se publiquen no BOE, os solicitantes terán 15 días de prazo para solicitar esta axuda.

0.19979310035706