Rábade busca interesados en participar nun grupo de teatro

LugoXa | TerraChaXa
Poden obter máis información ou inscribirse contactando co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Rábade no teléfono 982 808 441
crear-grupo-de-teatro-en-rabade
11 Oct 2025

O Concello de Rábade pon en marcha un novo proxecto cultural para o curso 2025-2026 coa creación dun grupo de teatro municipal. A iniciativa, impulsada polo Departamento de Servizos Sociais, ten como obxectivo fomentar a participación cidadá e promover un proxecto interxeracional no que poidan convivir diferentes idades a través das artes escénicas.

Baixo o lema “Súmate ao teatro, anímate!”, o Concello anima a todas as persoas interesadas en participar nesta experiencia a formar parte do grupo, que busca completar o seu elenco e consolidarse como un espazo de encontro, creatividade e convivencia.

Desde o goberno local destacan que o teatro é unha ferramenta que contribúe ao desenvolvemento persoal, á expresión artística e á cohesión social, ao tempo que reforza a oferta cultural do municipio.

As persoas interesadas poden obter máis información ou inscribirse contactando co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Rábade no teléfono 982 808 441. Esta actividade enmárcase na programación municipal co gallo do centenario de Rábade, que celebra o seu 100 aniversario entre 1925 e 2025.

⚙ Configurar cookies
0.079174995422363