Rábade celebra este martes 99 anos como concello independente

LugoXa | TerraChaXa
Foi constituído como San Vicente de Rábade o 28 de maio de 1925
aniversario-de-rabadeo-como-concello
Cartel do aniversario
26 Maio 2024

O Concello de Rábade cumpre o martes, 28 de maio, 99 anos como concello independente, xa que foi constituído como San Vicente de Rábade o 28 de maio de 1925. Para celebralo organizaron un amplo programa de actos.

Este dará comezo coa lectura da acta e historia da creación do concello para seguir coa presentación das actividades, que consistirán nun concurso dun cartel do centenario e o premio especial do concurso de Pintura Rápida.

Seguirá a isto a proxección documental sobre Rábade e a inauguración dunha exposición permanente, ademais da actuación do Coro Músico Crisanto.

Estes actos serán ás 20:00 horas no Centro Sociocultural.

O Concello de Rábade convida a asistir a este acto no que todos e todas as persoas que acudan recibirán un agasallo.

0.19839906692505