Rábade celebrou o Día da Muller adiantado cunha andaina

Arredor de 50 persoas participaron este venres na andaina organizada polo Concello de Rábade con motivo do Día Internacional da Muller. Ao remate houbo unha chocolatada e agasallos para todos e todas as participantes.
A programación polo 8M continuou pola tarde, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural co monólogo de Leti da Taberna Enredada.
Ambas as actividades están cofinanciadas polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.