Rábade clausura o seu taller de memoria, no que participaron 32 persoas

LugoXa | TerraChaXa
A actividade estivo impartida por Afalu desde outubro
taller-de-memoria-rabade
Membros do taller de memoria
25 Xuño 2024

O Concello de Rábade clausurou o taller de memoria que deu comezo no mes de outubro e no que participaron 32 persoas.

A actividade estivo impartida por Afalu (Asociación de Familiares y Enfermos de Alzheimer y otras Demencias Neurodegenerativas de Lugo).

A alcaldesa, Reme González, foi a encargada de facer entrega dos diplomas nun acto que se celebrou no Centro Sociocultural e no que estivo acompañada pola concelleira Sandra Novo e a monitora de Afalu, Sabela.

0.12619185447693