Rábade conta cun servizo de desprazamento para a vacinación
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade ofrece aos seus veciños un servizo de desprazamento destinado a todas as persoas que teñan que acudir a vacinar.
16 Abr 2021
O Concello de Rábade ofrece aos seus veciños un servizo de axuda á vacinación.
Este consistirá e ofrecer un servizo de desprazamento destinado a todas as persoas que necesiten acudir a un centro de saúde o punto covid para recibir a vacina contra o coronavirus e non dispoñan de medios para facelo.
O servizo é gratuíto e as persoas que se atopen nesta situación poderán solicitalo no concello chamando ao 982 390 062.
O Concello xa puxera en marcha un servizo similar durante a cuarentena dos meses de marzo e abril. Nese momento, se ofrecía o servizo de levar aos veciños con problemas de mobilidade ao médico ou a facer a compra.