Rábade convoca de novo o concurso de contos das Letras Galegas

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade convoca un concurso de contos para nenos e maiores adicado ao autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.
concurso dia letras galegas rabade portada
30 Abr 2023

O Concello de Rábade convoca de novo o concurso de contos para todos os nenos e maiores adicado ao autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego.

Concederanse tres premios para cada unha das catro categorías de participación.

As categorías participantes será a de 6 a 9 anos, de 10 a 12 anos, de 13 a 17 e a partir de 18 anos. Para participar deberán entregar o conto nun sobre no Concello, no IES Río Miño ou no CEIP Otero Pedrayo. O prazo de presentación dos traballos finaliza o día 12 de maio.

Os gañadores serán seleccionados por un xurado cualificado e recibirán un diploma e agasallos. Tan só se admitirá un conto por participante. A entrega dos premios terá lugar o xoves 18 de maio no Centro Sociocultural.

concurso dia letras galegas rabade
0.33651399612427