Rábade entregou os premios do certame de contos das Letras Galegas
TerraChaXa | LugoXa
Rábade fixo entrega dos premios aos gañadores do concurso de contos Día das Letras Galegas por medio do alcalde e o concelleiro de deportes.
29 Maio 2023
O Concello de Rábade fixo entrega dos premios aos gañadores do concurso de contos Día das Letras Galegas por medio do alcalde e o concelleiro de deportes.
Os afortunados foron, na categoría A, para os máis pequenos, Xiao Montes Baamonde, seguido de Ariadna Fernández Méndez e Aimar Devesa Lage.
Na categoría B o primeiro premio foi para Julia Sanjurjo Castiñeira. A continuación foi permiada Paula Fernández Piñeiro e Daniel Seoane García.
Na categoría C só houbo dous premios, para Elena Varela Vázquez e para Xiana Seijas Castro.