Rábade organiza unha excursión á 62ª Festa do Marisco do Grove

O Concello de Rábade impulsa unha viaxe á 62ª edición da Festa do Marisco do Grove, que terá lugar o vindeiro 4 de outubro. A saída está prevista ás 9:00 horas dende o Concello e o regreso ás 20:00 horas.
A actividade, cun prezo de 45 euros, inclúe seguro, desprazamento en autobús, un percorrido en barco con degustación e unha comida. O programa permitirá gozar dun día completo nesta vila pontevedresa, coñecida pola súa tradición mariñeira e pola celebración dun dos eventos gastronómicos máis recoñecidos de Galicia.
As inscricións poden formalizarse na Área de Cultura e Deporte do Concello de Rábade ata o 30 de setembro. Dende a organización anímase á veciñanza a participar nesta proposta, que combina lecer, cultura e gastronomía nunha das festas máis emblemáticas do outono galego.