Rábade prepárase para as Festas de San Vicenzo 2025
Rábade presenta o programa das Festas de San Vicenzo 2025, que terán lugar os días 24, 25 e 26 de xaneiro. Este evento combina música, gastronomía, actividades deportivas e celebracións relixiosas, nunha aposta por manter vivas as tradicións e ofrecer propostas de lecer para toda a veciñanza.
O día 24 de xaneiro comezarán os festexos co Día do Voluntariado, no que terá lugar o tradicional lanzamento de vésperas.
O venres 25 de xaneiro estará marcado pola XX Exaltación do Mexillón, cunha degustación gratuíta polos bares da vila, financiada pola Consellería do Mar. Pola tarde, ás 16:30, celebrarase a XXII Carreira Memorial Negrín, que reúne deportistas locais e visitantes. A festa continuará pola noite coa verbena a cargo da Orquestra Los Coleguitas, seguida da música da disco móbil Coco Music DJ Casanova.
O sábado 26 de xaneiro, ademais de continuar coa Exaltación do Mexillón, ás 12:00 celebrarase unha misa solemne cantada polo Coro da Asociación Músico Crisanto. Tras a misa, a partir das 13:00, terá lugar a animada sesión vermú coa actuación da Orquestra Zona Zero.