Rábade presenta o Rabafolc, que se celebrará o día 10 de agosto
LugoXa | TerraChaXa
Actuarán Anxo Lorenzo, Sin a Deir Sí, Terrae e Axeigo
Cartel
26 Xul 2024
O Concello de Rábade ultima as Festas do verán, que van ter lugar na localidade os días 10, 11, 13, 14 e 15 de agosto.
A celebración na honra a Santa María comezará o día 10 de xullo coa XXVIII edición do RabaFolc.
Así, o Concello fixo público xa o contido do festival, que abrirá Anxo Lorenzo, con música de Galicia e Irlanda. Deste mesmo país ven Sin a Deir Sí, mentres que os galegos Terrae e Axeigo se encargarán de completar o cartel.
Tamén haberá batucada con el grupo Batu Batú, tamén galegos.