Rábade presenta un grupo de cursos para os meses de novembro e decembro

LugoXa | TerraChaXa
As inscricións realizaranse a través da Área de Cultura e Deporte do Concello, en horario de 8:30 a 15:00 horas
cursos-rabade
24 Nov 2025

O Concello de Rábade anunciou unha nova programación de cursos que dará comezo no mes de novembro no Centro Sociocultural, todos eles con prazas limitadas. Entre as propostas destaca o taller de acuarela e pintura con café, que se impartirá o último sábado de cada mes e comezará o 29 de novembro en horario de 11:00 a 13:00 horas, cun prezo mensual de 20 euros.

Tamén se ofertan cursos de elaboración de adornos decorativos de Nadal. O 29 de novembro desenvolverase o obradoiro dedicado á creación dunha coroa de Nadal, mentres que o 19 de decembro terá lugar o taller centrado nos centros de mesa, ambos en horario de 16:30 a 19:30 horas e cun prezo de 20 euros por sesión.

A partir do 7 de xaneiro comezará o curso de manualidades e restauración, que se celebrará os mércores de 18:00 a 20:00 horas, cun custo mensual de 20 euros. Ademais, inclúese na programación un curso de baile galego impartido polas Escolas Mancomunadas de Música, dirixido a nenas, nenos e persoas adultas, cun prezo mensual de 23 euros e inicio no mes de xaneiro.

As inscricións realizaranse a través da Área de Cultura e Deporte do Concello, en horario de 8:30 a 15:00 horas, e a cidadanía pode solicitar máis información no teléfono 982 39 00 62, extensión 1.

⚙ Configurar cookies
0.123948097229