Rábade protagoniza a VI xornada viaxeira do Xeodestino Comarca de Lugo e Terra s da Ulloa

TerraChaXa | LugoXa
Despois do gran éxito das últimas xornadas viaxeiras (onde o pasado sábado se reuniron máis de 150 persoas na V xornada de Palas de Rei) a semana pasada tivo lugar en Rábade a presentación da sexta xornada viaxeira Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía.
presentacion ruta rabade xeodestino
15 Jan 2024

Despois do gran éxito das últimas xornadas viaxeiras (onde o pasado sábado se reuniron máis de 150 persoas na V xornada de Palas de Rei) a semana pasada tivo lugar en Rábade a presentación da sexta xornada viaxeira Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía.

Remedios González (alcaldesa do Concello de Rábade), Lorena López (xerente do GDR 4 e do Xeodestino Comarca de Lugo e Terrras da Ulloa), e Guido Álvarez (impulsor do proxecto Guido Guía) anunciaron os primeiros detalles dun sábado 24 de febreiro no que volverán a reunirse historia, cultura, natureza, gastronomía e música tradicional.

Este proxecto engloba a 10 concellos das comarcas de Lugo e as Terras da Ulloa (Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade) nos que nos vindeiros meses irán facéndose xornadas de presentación do que é un proxecto a longo prazo para poñer en valor as riquezas do territorio, e ao mesmo tempo promover vínculos sociais e culturais tanto de proximidade como con visitantes de máis lonxe que se animen a participar.

A inscrición para esta actividade é gratuíta, e pode facerse a través do correo info@comarcadelugo.gal e do teléfono 982 238 000

0.18322896957397