Rábade remata o mes celebrando o VIII Maratón de Fútsal

LugoXa | TerraChaXa
Tamén contará con torneo de tute
maraton-futbol-sala-rabade
Cartel
21 Xul 2024

Outro ano máis, e xa son 8, o Insuas do Miño Rábade FS organizará o Maratón de fútbol sala de Rábade, os días 26, 27 e 28 de xullo, ao que están invitados a participar todos os equipos que o desexen.

Haberá catro premios en metálico, de entre 1.500 e 200 euros con trofeo. Ademais están destinados 150 puntos para o mellor equipo do Concello, a mesma cantidade que se establece como cota de inscrición.

O sorteo de equipos será o 25 de xullo.

Para informarse ou inscribirse poden poñerse en contacto con Sergio (654 481 013) ou Antón (626 194 335).

Voltarase, ademais, co xa tradicional torneo de tute.

0.095142126083374