Rábade vivirá esta fin de semana unha nova edición das Festas de San Vicenzo e Exaltación de Mexillón

LugoXa | TerraChaXa
Arrancarán o día 24 de xaneiro ás 13:00 horas cunha sesión vermú con La Disquetera
san-vicenzo-rabade
20 Jan 2026

Os días 24 e 25 de xaneiro o Concello de Rábade celebra unha nova edición das Festas de San Vicenzo. Ademais, ambos os días vaise celebrar a XXI edición da Exaltación do Mexillón, unha degustación gratuíta polos bares da vila financiada pola Consellería do Mar.

O día 24 de xaneiro ás 13:00 horas haberá sesión vermú con La Disquetera e ás 16:30 horas dará comezo o XXIII Memorial Negrín. A partir das 22:00 horas, Disco Móbil e DJ Casanova.

O día 25 de xaneiro haberá misa solemne ás 12:00 horas cantada polo Coro da Asociación Músico Crisanto e ás 13:00 horas farase a descarga pirotécnica a cargo Peña O Foguete suspendida nas Festas do Verán polo risco de incendios.

Ás 13:30 horas haberá sesión vermú coa Orquestra Escaparate.

O Concello de Rábade anima a participar nestas primeiras festas do ano que teñen como protagonista a degustación do mexillón.

⚙ Configurar cookies
0.08613395690918