Rábade xa ten postais gañadoras do seu concurso anual

TerraChaXa | LugoXa
Rábade escolleu os gañadores do Concurso de Postais e que deixou tres gañadores, cuios traballos utilizaranse para felicitar o Nadal.
ganadores concurso postais rabade portada
14 Dec 2022

O Concello de Rábade escolleu os gañadores do seu Concurso de Postais Navideñas e que deixou tres gañadores, cuios traballos utilizarnase para felicitar o Nadal a todos os veciños da localidade.

Así, na categoría A, entre os máis pequenos resultou gañador o traballo de Aroa Penalas Fernández, xunto a Yanira Casanova Rábade e Gabriel Fernández Sanmartín.

Na categoría B o primeiro premio foi para Leo Beceiro Bouso; o segundo para Bruno Alexandre dos Santos Bico e o terceiro para Dante Herón Soutullo Reyes.

Finalmente, na categoría C o primeiro premio foi para María Nogareda Sánchez, seguida de Candela Blanco Iglesias e Mariam Serbout Barrass.

A entrega de premios e diplomas terá lugar o día 27 de decembro, ás 17.00 horas no centro sociocultural, aproveitando a actuación dun contatontos, Un paxe real en apuros.

Os gañadores recibirán vales para comprar no comercio de Rábade de 60, 40 e 20 euros, respectivamente e poderán verse expostas as postais do concurso entre o 27 de decembro e o 13 de xaneiro no Concello.

ganadores concurso postais rabade
0.16794300079346