Raiolas Lugo conmemora o Día Mundial do Autismo con actos de concienciación e visibilización

LugoXa
Mesas redondas, iluminación en azul e lectura do manifesto, principais actividades da campaña en Lugo
Raiolas-Lugo
29 Mar 2026

Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2026, a asociación Raiolas Lugo organiza diferentes actos para sensibilizar á cidadanía e visibilizar esta condición.

O primeiro evento terá lugar o martes 31 de marzo, ás 20:00 horas, no salón de actos da Biblioteca Pública, onde se celebrará unha mesa redonda con ponentes de diferentes ámbitos, como a educación, a sanidade e a valoración e orientación, co obxectivo de achegar distintas perspectivas sobre a atención e inclusión das persoas con autismo.

Do 1 ao 2 de abril, a partir das 00:00 horas, dará comezo a campaña “Light it up Blue”, que consiste na iluminación en azul de varios edificios e espazos emblemáticos da cidade, como a fachada principal do Concello de Lugo, a Mosquera da Muralla Romana, a pasarela peonil Tanxurela, a fachada do edificio da sede da Deputación de Lugo e o edificio multiusos da Xunta de Galicia.

O xoves 2 de abril, ás 12:00 horas, celebrarase diante do Concello de Lugo a lectura conxunta do manifesto, organizada en colaboración entre as asociacións Raiolas e Capaces, cunha actividade que busca reforzar a concienciación social e o compromiso colectivo coas persoas con autismo.

0.12055683135986