Raiolas Lugo pon a disposición da sociedade cascos antiruído durante o San Froilán

Un ano máis, co obxectivo de facer das festas patronais un espazo máis inclusivo, Raiolas Lugo pon a disposición de todas as persoas cascos antiruído no punto de información turística situado na Praza Maior. Estes dispositivos permiten reducir o impacto sonoro nas persoas que o necesiten, facilitando a súa participación nas celebracións do San Froilán.
Ademais, en colaboración con Aspace Lugo, a entidade solicitou ao Concello unha hora sen ruído, con redución dos decibeis, que foi concedida para o período festivo. Esta franxa terá lugar de 17:00 a 18:00 horas da tarde, converténdose nun momento especialmente pensado para quen precise desfrutar das festas cun ambiente acústico máis amable.
Con estas accións, Raiolas Lugo e Aspace Lugo continúan contribuíndo a que a cidade avance cara a un modelo máis accesible e inclusivo, no que todas as persoas teñan cabida, tamén nas celebracións populares.