Ramón Cabarcos presidirá a Mesa de Urbanismo do PP de Lugo

LugoXa
O PP activa a Mesa de Urbanismo, que coordinará Ramón Cabarcos, para o debate, a análise e a achega de ideas sobre cuestións urbanísticas
mesa tecnica sobre urbanismo pp de lugo
1 Xul 2023

O Grupo Municipal do PP activou a mesa de expertos en urbanismo, coordinada por Ramón Cabarcos, na que se analizarán cuestións relacionadas cun novo modelo de planificación urbanística e que afectan ao día a día da cidade e na que, tamén, se presentarán propostas e solucións para o desenvolvemento dos barrios de Lugo.

A voceira popular, Elena Candia, que presidiu esta primeira mesa de traballo, destacou o perfil de Cabarcos como “unha das persoas que ten unha visión máis global sobre a contorna pola súa formación técnica como arquitecto” engadindo que “a súa experiencia como Director da Escola Ramón Falcón aportará a visión pedagóxica e práctica necesaria para trasladar á cidadanía os proxectos que defende o PP para construir un Lugo mellor”.

Pola súa banda Cabarcos manifestou que “este espazo de traballo busca un debate sosegado, unha análise rigurosa e a aportación de ideas sobre ordenación urbana e planificación sen olvidarnos de facer un seguimento dos compromisos que PSOE e BNG adquiriron no pacto de goberno”.

PEONALIZACIÓN CASCO HISTÓRICO

O primeiro asunto que se abordou, por cuestión de actualidade e de prazos, é o das obras de peonalización do centro de Lugo nas que o Partido Popular ten varias propostas elaboradas que mellorarían os proxectos que o goberno local executa sen apenas dárlle publicidade e sen escoitar aos sectores afectados.

Nos próximos días o Partido Popular explicará a diferentes colectivos estas medidas co ánimo de consensuar, ver outros enfoques e encaixar ao noso documento as achegas que nos trasladen.

O equipo técnico da mesa de urbanismo do Grupo Municipal do PP, que acordou manter encontros mensuais, está conformado polos arquitectos Manuel Cortón e Luis Asorey, así como polo enxeñeiro industrial Miguel Couto e contarase coa participarán doutros concelleiros do grupo municipal. Nesta primeira xuntaza invitouse ao xefe da área provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo en Lugo Marco Antonio Fernández Piñeiro.

0.20240211486816