Reabre a Oficina Municipal de Turismo de Lugo situada na Praza do Campo

LugoXa
O servizo volverá prestar atención ao público a partir das 16:30 horas para informar ás persoas que visiten a cidade nestas datas
oficina-de-turismo-Lugo
17 Mar 2026

O Concello de Lugo comunicou que a Oficina Municipal de Turismo situada na Praza do Campo volverá abrir as súas portas hoxe, 17 de marzo, a partir das 16:30 horas. A reapertura ten como finalidade facilitar información e atención ás persoas que se acheguen á cidade durante estes días, coincidindo coa ponte festiva do 19 de marzo.

Desde o Goberno municipal explican que se realizará un seguimento permanente da situación. No caso de que se detecte calquera circunstancia que obrigue a un novo peche das instalacións, o Concello adoptará de maneira inmediata as medidas necesarias para garantir o correcto funcionamento do servizo.

A administración local lembra que estas xornadas representan unha boa ocasión para descubrir ou redescubrir o patrimonio histórico, cultural e gastronómico de Lugo. Por este motivo, anima tanto á veciñanza como ás persoas visitantes a aproveitar este punto de información turística para coñecer con máis detalle os recursos e atractivos da cidade.

0.13478016853333